O Foro “O liderado das mulleres no rural galego” busca en Ames rachar cos esteorotipos e idealizacións

305

A asociación Mulleres de Seu, impulsada pola cooperativa láctea CLUN, trae a Ames o I Foro “O liderado das mulleres no rural galego” para ofrecer unha perspectiva real e actual do territorio, afastada de estereotipos e visións idealizadas da vida no rural. Así o destacou na presentación do evento, Carmen Rodríguez, presidenta de Mulleres de Seu: “Este tipo de plataformas son importantes para concienciar sobre la necesidade de lograr una igualdade efectiva e real que de resposta ás necesidades e particularidades das mulleres que vivimos e traballamos na Galicia rural”.

No transcurso do foro está previsto a realización dunha mesa de reflexión e debate, unha exposición, aberta a todos os públicos e protagonizada por distintas iniciativas empresariais e diversos proxectos promovidos por mulleres e asociacións de mulleres. “Con esta xornada queremos mostrar como el medio rural, coas mulleres ten futuro”, engadiu Carmen Rodríguez.

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, agradeceu a Mulleres de Seu ter elixido o pazo da Peregrina e a Ames para celebrar este evento. Paz tivo tamén palabras de agradecemento para XEA pola súa colobaración no evento: “Qureo agradecer tamén a colaboración de Xea que, conxuntamente con Mulleres de Seu, organizará os xantares da xornada e ademais ofrecerá as asistentes un servizo de conciliación para que todas as mulleres socias de Mulleres de Seuque queiran trer os seus nenas e nenas e poidan estar tranquilas desfrutando da xornada”.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo destacou a importancia da data na que se celebrará o evento: “O día 15 é o día da muller rural, unha data moi importante para visibilizar, recoñecer e poñer en valor o papel que desempeñamos as mulleres no rural e, sobre todo, a nosa contribución ao desenvolvemento sostible porque esta función atinxe á seguridade alimentaria, a redución da fame no mundo e á estabilidade no desenvolvemento do mundo rural”.

O alcalde de Ames, Blas García, que pechou a quenda de intervencións, lembrou que Ames “tamén é a casa de Mulleres de Seu e de Clun que ao final, xunto con Feiraco, son empresas do concello de Ames”. Salientou García o importante traballo que fai Mulleres de Seu “en aspectos tan fundamentais como a igualdade e o traballo da muller no rural, que en moitas ocasións son nais e pais e se lles pide que traballen no campo, na casa, que coiden aos fillos e ás fillas e ás persoas maiores e é certo que os homes quédanos moitísimo por andar para chegar a esa igualdade real”.
O alcalde reiterou o apoio que o concello dará a xornada e apuntou tamén a importancia do evento porque “vai a apoiar a outros sectores económicos do concello como a hostalería e o sector do ocio infantil, un dos máis castigados pola pandemia”

A xornada, que contará coa presenza de Maria Jesús Lorenzana, Conselleira de Emprego e Igualdade, desenvolverase coa colaboraciónde APETAMCOR, e o apoio de a asociación AGACA  e a Red Eusumo. o Concello de Ames, e a Asociación de empresarios de Ames XEA, que ofrecerá servizo de conciliación ás asistentes á xornada.

Mulleres de Seu
Mulleres de Seu comezou a súa andaina no ano 2013, no seo da cooperativa CLUN, co obxectivo  de empoderar e motivar ás mulleres do sector agrogandeiro. Desde entón traballa pola visibilidade e o recoñecemento do seu papel no ámbito rural . Ao longo destes anos Mulleres de Seu recibiu importantes recoñecementos. Entre eles  o “Premio á Igualdade de Oportunidades”, outorgado por Cooperativas agroalimentarias de España, o “Premio pola Imnovación da muller no rural”, de AGADER  e o “Premio a favor da Igualdade – Medallas Emilia Pardo Bazán” que concede a Xunta de Galicia.