O Goberno local tece lazos cos centros comerciais de Compostela

151

O 28 de febreiro, o alcalde, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz. mantiveron unha xuntanza co xerente do centro comercial As Cancelas, Javier Nicola Blanco, co obxectivo de abordar posibles vías de colaboración entre dito centro comercial e mailo Concello de Ames, de cara a realizar actividades de promoción do Concello nas instalacións de dito centro comercial. O Concello de Ames xa ten realizado diversas campañas informativas e exposicións noutros centros comerciais de Santiago de Compostela.

Nesta mesma xuntanza participou o xerente de Carrefour Santiago, Hugo Rodríguez Álvarez. Neste caso abordáronse cuestións relacionadas co emprego e concretamente co programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión. O alumnado que participa en dito programa realiza prácticas non laborais en empresas, polo que se falou da posibilidade de que poidan realizar prácticas en Carrefour Santiago. Na actualidade 100 persoas desempregadas están participando no programa integrado de emprego Ames – Brión 2023.