O III Circuíto de Golf TUR 43 celebrou en Ames a súa gran final

308

O pasado sábado tivo lugar nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago, en Piñeiro, a Gran Final do III Circuíto de Golf TUR 43. A competición percorreu distintos campos do norte de España e Portugal. Nesta terceira edición participou un milleiro de persoas. Asistiron o alcalde, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís.

O xogador Marco Antonio Álvarez foi o primeiro clasificado na primeira categoría, cun total de 36 puntos, e fíxose co cobizado premio dun cruceiro polas illas gregas de sete noites para dúas persoas de Celebrity Cruises que recolleu de mans do director territorial de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia de Grupo Viaxes El Corte Inglés, Jesús Manuel Miguel García.

Con 32 puntos, Pablo Díaz Caridad foi o primeiro clasificado na segunda categoría durante a gran final deste evento deportivo, facéndose cun lote de produtos Cabo de Peñas Gran Selección e outro de Terra de Preguntas, ademais do trofeo do III Circuíto Internacional de Golf TUR 43. A entrega destes premios correu a cargo do alcalde de Ames, Blas García.

Por outra parte, o premio ao mellor sénior recaeu sobre Jesús Olasolo Beitia, mentres que María Asunción García Gallego fíxose co título á mellor dama. Ambos levaron un estoxo dourado Martín Códax e unha selección especial de Aceites Abril.