O magosto de Bertamiráns será o sábado 19

149

A praza da Maía acollerá o sábado 19 o magosto de Bertamiráns. Está organizado pola comisión de festas, en colaboración co Concello e a Xuntanza de Empresarios. Celebrarase entre as 17 e as 20h con castañas de balde. Eva e Camilo e mais A Requinta da Maía ofrecerán actuacións musicais.