O Merc@ames xerou case 170.000 euros de negocio no comercio local

228

O pasado 1 de maio pechouse a primeira fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes, a través da cal se dinamizou e apoiou o comercio local de Ames. Dende o 1 de marzo ata o 1 de maio realizáronse 8.248 operacións por valor de 169.715,30 euros. A maior parte destas operacións realizáronse no comercio minorista, que foi o máis beneficiado da campaña, seguido do sector hostaleiro. En total fixéronse operacións en 164 establecementos distintos, cunha media de 1.035 euros por establecemento.

Dende a Concellaría de Promoción Económica están traballando para adherir novos establecementos na segunda fase da campaña, que se desenvolverá do 1 de setembro ata o 31 de outubro, e tamén para poñer á venda novas tarxetas, xa que durante a primeira fase xa se esgotaron as 3.000 tarxetas-bono postas á venda.