O MillaRaio destaca no Campionato de España Máster

260

A pasada fin de semana disputouse na pista cuberta de Expourense o XXXII Campionato de España Máster de atletismo en pista cuberta. O club de atletismo MillaRaio estivo representado na competición polos atletas David López e Puri Cariñena, na que ambos lograron destacados resultados a pesar de non poder finalmente, por pouco, facerse cun podio.

Por unha banda, Cariñena correu os 60 metros lisos na categoría F45, sendo terceira na súa serie cun tempo de 9,23. Na final da categoría quedou quedou sexta, parando o crono en 9.38. Por outra banda, López rozou o podio dúas veces na categoría M50; foi cuarto en salto de altura, franqueando o listón a 1,63 metros; e tamén foi cuarto en salto con pértega, superando os 2,80 metros.

Dende o club parabenizaron a actuación de ambos, ademais de agradecer o apoio da Deputación da Coruña aos desprazamentos do club, e tamén aos seus diferentes colaboradores.