O MillaRaio participou nas competicións de campo a través de XOGADE

124

O Club Atletismo MillaRaio participou durante o mes de decembro nas fases de zona e provincial de campo a través do programa XOGADE para escolares. A zonal tivo lugar en Cullerero o 2 de decembro, con 51 atletas amesás. Os catro equipos femininos clasificáronse para a fase provincial que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado sábado 16 de decembro.

Destacou o primeiro posto das rapazas sub10 que gañaron a clasificación por equipos nas dúas fases. Ademais, Celia Mella chegou en primeiro lugar da carreira sub10. Adriana Fernández Val (sub 14) e Lía Rouco García (sub12) conseguiron a clasificación individual para o campionato galego. Foi un excelente comenzo de tempada para as atletas máis pequenas do club Atletismo MillaRaio.