O modelo de recurso do PP contra a liquidación do IBI tivo xa 5.000 descargas

0
35

O Grupo Municipal do PP de Ames amosouse satisfeito esta fin de semana polo que cualificou como “extraordinaria acollida” entre os veciños do modelo de reposición contra a liquidación do IBI de 2021. O modelo de recurso, accesible na web do grupo municipal, rexistrou máis de 5.000 descargas. Os populares aseguran igualmente que son “numerosos” os veciños que solicitaron o documento por correo electrónico ou en papel.

Os populares lembran á veciñanza que non deben agardar ao último día para presentar o recurso para non ter problemas co sistema de cita previa, e lamentou que o feito de que algúns veciños o presentasen antes de tempo (o prazo abriu o venres 1 de outubro) exponos a que “o Goberno local pretenda que non sexan admitidos a trámite”. Dende o PP lembran tamén á veciñanza que se non se presenta recurso, a liquidación quedará convertida nun acto administrativo firme sen lugar a devolución ningunha.

O PP lembra, por último, que as liquidacións de 2020 deviñeron firmes “malia a sentenza do XUlgado Contenciso oAdministrativo de data 22 de setembro de 2020”. Denuncia que “o Goberno local non informou aos veciños dos prazos para recorrer” e acúsao de ter utilizado “todas as ‘argucias’ legais” para retrasar a sinatura da sentenza, evitando “que a inmensa maioría da poboación tivera algunha opción de presentar recurso”.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here