O adestramento realizouse unha parte a porta pechada e logo abríronse as portas a todos os afeccionados/as que quixeron acudir a dito adestramento. Ademais, acudiron un gran número de rapaces e rapazas do CEIP A Maía, que se atopa moi preto do pavillón polideportivo. Unha vez rematado o adestramento os xogadores e técnicos asinaron autógrafos e fixéronse fotos cos afeccionados/as.
Os xogadores agradeceron o apoio que lles brindaron os afeccionados e afeccionadas de Ames. Ao remate da sesión de traballo, todos os asistentes puideron baixar á pista para pedir autógrafos e falar cos xogadores. Esta foi a segunda ocasión na que o Monbus Obradoiro se achegou a Ames para realizar unha sesión de adestramento. Previamente, en maio de 2023, xa estiveron no pavillón do Milladoiro, sede do equipo filial do club que milita en Liga EBA: o Obradoiro Ames.