O novo Centro de Saúde do Milladoiro entrou en funcionamento hoxe

301

Logo de meses de intercambio de acusacións entre a Xunta e o Concello e demoras, o Centro de Saúde do Milladoiro entrou hoxe en funcionamento. A infraestrutura foi inaugurada o venres nunha visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acompañado polo alcalde, José Miñones. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor López, a xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, e representantes de Construcións Ramírez SLU, a empresa que construíu o edificio, acompañaron ao presidente e ao alcalde na visita ás instalacións do Centro de Saúde.

O novo Centro de Saúde estrutúrase en bloques: un para a área de muller e para a de pediatría; tres bloques para consultas de adultos, nas que se incorpora o novo servizo de odontoloxía; e un último bloque para o novo servizo de fisioterapia e rehabilitación.