O número de casos activos de COVID-19 baixa a 46

283

Ames rexistra un importante descenso no número de casos activos de COVID-19, que se sitúa en 46, fronte aos 67 con que se pechaba a pasada semana e os 57 de onte. O municipio ten agora unha incidencia de 180 casos por cada 100.000 habitantes, o que segue a estar moi por riba do límite de 100 por cada 100.000. 

Na área sanitaria de Santiago, na que se encontra Ames, realizáronse nos últimos 7 días 12.000 PCR cunha taxa de positividade dun 3,7% (según a OMS, un resultado óptimo é por debaixo do 5%).