O número de positivos por COVID-19 en Ames medra ata 62

1002

O Concello de Ames informou esta mañá de que o número de casos activos de COVID-19 no municipio é de 62 persoas. Dende o Concello de Ames insístese na necesidade de colaboración por parte de toda a cidadanía para o cumprimento exhaustivo das normas sanitarias. Recomendan evitar o contacto masivo, o uso da mascara en todos os ámbitos e, en especial, nas xuntanzas familiares. Transladan tamén a “tranquilidade necesaria para entre todos e todas superar esta situación”. No conxunto da área sanitaria de Santiago hai 583 casos. 

Pola súa banda, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.353, con 999 deles na área da Coruña, 552 da de Lugo,
743 da de Ourense, 811 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo e 153
da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 731 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos,que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 469.694.