O Obradoiro Ames debuta o domingo no Milladoiro

71

O Obradoiro Ames arrinca este domingo 9 de outubro a súa primeira tempada en Ames. O equipo, filial do Monbus Obradoiro e competidor na Liga EBA de baloncesto, trasladouse ao Milladoiro a raíz do acordo asinado entre o Concello, o club e a Fundación Heracles, en virtude do cal os encontros como local son disputados no pavillón amesán.

O debut sera xa que logo o vindeiro domingo ás 17:30h, contra o Calvo Basket Xiria. Poderase asistir de balde ao encontro ou seguilo en directo dende a canle de youtube do Concello.