O Partido Popular acusa ao tripartito de manter oculta a realidade económica de Ames

Os Populares de Ames acusan ao Goberno do tripartito de facer de oposición dende o seu posto e non de gobernar.

371

Os Populares de Ames acusan ao Goberno do tripartito de facer de oposición dende o seu posto e non de gobernar.

O 20 de maio de 2017 se tivo en coñecemento que un total de 161 concellos galegos cumpren coas condicións para poder destinar o superávit que rexistraron no 2016 a inversiósn sostibles. Segundo datos proporcionados polo Director Xeral de Política Financeira, en Galicia un total de 257 concello presentaron os datos correspondentes á liquidación do 2016, dos cales cumpriron co parámetro de estabilidade 236 municipios, tendo un superávit total de 204 millóns; pero dos 236 concellos, tan só 161 cumpren coas condicións para poder destinar o superávit a inversións sostibles.

A día de hoxe o Goberno municipal non cerrou a contabilidade do 2016 e segundo a nota enviada polo Partido Popular “os datos do avance da liquidación do 2016 son proxeccións realizadas en base a datos dos exercicios 2014-1015, pois a contabilidade do 2016 atópase aberta”. Rematan os populares acusando de que o goberno “mantén oculta a realidade duns feitos que demostran que o goberno local non só incumpre coas súas obligacións formais senón que é posible que tampouco cumpra coas condiciós esixidas para poder aplicar o superávit a unhas inversións sostibles”.