Este sábado o pavillón municipal do Milladoiro acolle o campionato provincial de técnica e freestyle de Taekwondo en idade escolar 

47

O club de Taekwondo TKDenodo organiza, coa colaboración do Concello de Ames e por delegación da Federación Galega de Taekwondo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o campionato provincial en idade escolar das modalidades técnica e freestyle de Taekwondo. O torneo terá lugar o sábado, 13 de abril, no polideportivo do Milladoiro a partir das 9.00 horas. Participan rapaces e rapazas de 6 a 16 anos do programa Xogade. Esta proba clasificará para o campionato galego, que terá lugar o vindeiro sábado, 27 de abril, en Vigo.