O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu na mañá do xoves a inauguración da exposición “O herbario de Rosalía”, unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora. Tamén se plantou unha camelia híbrida doada pola Fundación Rosalía de Castro, en memoria da figura da autora. Ao acto acudiron o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Turismo e Medio Ambiente, Manuel Lens; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; e unha das coautoras do libro “O herbario de Rosalía”, María López Sández. A mostra poderá visitarse ata o día 2 de abril, de xoves a domingo.