O Pleno debaterá sobre a constitución da empresa pública Augas de Ames

O pleno do Concello de Ames aprobou na sesión ordinaria do mes de abril a memoria xustificativa e o modelo do sistema de xestión do Ciclo Integral da Auga, que pasará a ter unha xestión directa a través dunha entidade pública empresarial local (EPEL).  

Deste xeito, na sesión plenaria de maio aprobarase, se procede, a constitución da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL, os seus estatutos e a adscrición á entidade das instalacións e bens que figuran no inventario do expediente; ademais da subrogación do persoal procedente da actual concesionaria.

O pleno será o xoves, día 11.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *