‘O Porco de pé’, de Edicións Positivas, o venres 30 en Bertamiráns

141

A obra “O porco de pé”, que adapta a clásica novela de Vicente Risco, representarase este venres 30, ás 20:30h, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A peza, de Producións Teatrais Excéntricas, adapta a sátira do polígrafo ourensán, escrita hai un século pero de actualidade por tratar o tema da corrupción política. As entradas poden adquirirse xa na Billeteira electrónica de Ames.

Esta adaptación bota man dunha sucesión de personaxes grotescas, caricaturescas, para compor unha farsa popular onde a corrupción aparece xunto ao amor, nunha viaxe que reinterpreta a obra de Risco.