O PP afirma que o proxecto do Centro Multifuncional converteuse na gran chapuza do Goberno

195

Nunha nota de prensa, o PP de Ames critica os cambios, renuncias e aportacións económicas que está a necesitar o Proxecto do Centro Multifuncional e que o estáa coverter na “gran chapuza do Goberno”. Insisten na súa crítica advertindo doas “contínuos atrasos que tivo esta obra, que, para continuar contou co apoio en pleno do PP para un suplemento de crédito de 375.000 euros que permitira continuar co proxecto, “fixemos de tripas corazón”, comentan.

O orzamento foi subindo ata case duplicar o inicial. Por esta razón, indican os populares, o Goberno pedíu un axuste á empresa que supuxera a mínima modificación no proxectado. Agora queda un orzamento con IVA de 1.356.597,24 de euros, ” e as modificacións supuxeron o sacrificio dunha das catro plantas do edificio”, deixando a superficie total construída en 591,34 metros cadrados, “insuficientes para aloxar os espazos e equipamentos inicialmente previstos”, lamentan desde o PP de Ames.

Denuncian a tardanza do alcalde, Blas García, en solicitar un estudo económico – financeiro da viabilidade do Centro Multifuncional e do seu mantemento. Os seguintes pasos a dar son a adxudicación da obra e a execución da mesma, que os populares, vixiantes, lembran ao Goberno que debe estar rematada antes de que remate 2023.