O PP califica a suspendida obra de senda peonil de Coira de “proxecto pantasma”

250

O PP de Ames acusou hoxe ao Goberno local de suspender a obra do que catalogou como “senda pantasma de Coira”, da cal non hai “constancia física do seu inicio”, denuncian. Os populares sinalan que o proxecto de senda peonil foi aprobado en decembro de 2018 e que a licitación se demorou durante máis de dous anos, tardando cinco meses en adxudicarse o contrato. Consideran que a obra non ten “complexidade ningunha” ao non requerir de autorizacións sectoriais. “Falar de retrasos en obras de Ames hai moito tempo que deixou de ser noticia para converterse en algo cotián”, lamentan.

A execución de contrato para a senda de Coira, suspendida cun límite máximo de dous meses, contemplaba unha vía de 530 metros de lonxitude deseñda para favorecer a seguridade viaria entre o colexio de Ventín e o núcleo de Coira.

Para os populares, o máis grave é que “abonda con visitar o lugar das obras para constatar que non hai constancia física de ningunha obra relativa ao proxecto en cuestión”.