O PP critica a demora na reforma dos vestiarios de Tapia

38

O Partido Popular de Ames criticou hoxe que non se teñan levado a cabo durante o mes de decembro as obras de cambio da cuberta dos vestiarios da área recreativa de Tapia. Sinalan que a nova estrutura de madeira foi afectada pola choiva, desprendéndose parte da cuberta. “Podería terse evitado de terse executado en tempo a obra”, denuncian os populares, que lembran que a área recreativa de Tapia é un dos grandes atractivos da localidade en toda a comarca nos meses estivais. As obras, cuxo prazo de execución era de dous meses, foron adxudicadas no mes de xuño.