O PP critica as demoras nas obras de pavimentación dos accesos de Paramuíño e Ventosa

62

O PP de Ames denunciou hoxe que non teñan rematado as obras de pavimentación dos accesos en Paramuíño (parroquia de Biduído) e Ventosa (parroquia de Covas). En ambas as obras queda algo máis do 25% da obra pendente de execución, mentres que, lembran os populares, “deberían estar rematadas hai meses”.

Os populares reclámanlle ao Goberno local que conclúa estas obras e solicita información de como os incumprimentos do contratista poden afectar ao financiamento da obra, que procede da Deputación. No caso de Ventosa, dentro do POS+2019, e no de Paramuíño, no POS+2020.