O PP critica o fraccionamento de contratos no Concello de Ames

171

O PP de Ames fixo público hoxe o seu malestar polo feito de que o Goberno local estea a fraccionar contratos, acusando ao alcalde, Blas García, de pretender “seguir dándoos ‘a dedo’ sen pasar polo proceso dun concurso aberto e transparente”. Neste sentido, indican que a comezos deste ano 2023 volveu fraccionarse en tres contratos menores o servizo de profesorado da Escola Municipal de Música. Aseguran os populares que dende xaneiro de 2021 este servizo foi sempre adxudicado á mesma empresa en 15 contratos distintos, que suman un valor total de 77.600 euros.

Os populares denuncian a mesma situación nos contratos de posta a punto e mellora das condicións de seguridade dos parques infantís. Neste caso, sinalan, adxudicáronse tres contratos á mesma empresa por un valor de 83.000 euros.