O PP de Ames critica a situación das axudas aos sectores afectados pola COVID-19

0
30

O PP de Ames criticou hoxe que as axudas directas aos sectores máis prexudicados pola pandemia “seguen sen poñerse en marcha”. Os populares lamentan que “oito meses desois da presentación a bombo e prato” das axudas por parte do Concello e “a pesar de contar coa total unanimidade plenaria” das axudas “nada se sabe ata o de agora”. Aseguran que “non se pagou nin un só euro” dos 886.337,32 € previstos.

As axudas do Plan Reactiva Ames son comparadas polos populares coas da Xunta de Galicia, cuxa “dilixencia” contrastan asegurando que o executivo galego “xa leva pagado 1.106.605 € correspondentes a 486 axudas para establecementos de Ames pertencentes a execución do 1º e 2º Plan de rescate”. Mentres “en Ames seguen as axudas paralizadas”, sinalan.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here