O PP de Ames critica que aínda non se reunise a Mesa contra a Violencia de Xénero

49

O PP criticou hoxe que a Mesa contra a Violencia de Xénero non teña sido convocada aínda en Ames cando vai rematar o Pacto de Estado contra a Violencia de Xënero 2017-2022, a través do cal o Concello accedeu a máis de 24.000€ en axudas para desenvolver actuacións neste sentido. Os populares tamén critican que o alcalde, Blas García, se comprometese a convocar esta reunión durante a visita que a subdelegada do Goberno realizou ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro o pasado mes de xuño.

Os populares lembran, ademais, que os casos activos de violencia de xénero medraron un 23% na provincia entre 2019 e 2022.