O PP denuncia o “derroche” do Goberno local na factura da luz

302

O Partido Popular de Ames criticou hoxe ao Goberno local polo elevado gasto eléctrico do Concello. Fano a raíz da recente aprobación en Pleno dunha operación de suplemento de crédito. Lembran os populares que os 87.000 euros do suplemento van sumarse aos 720.650 orixinalmente destinados ao gasto da factura eléctrica. “Unha factura eléctrica que medra ano tras ano ante a pasividade dun Goberno Local que non logra reducir a factura da luz”, denuncian, lamentando que o Concello pasase de “pretender aforrar máis dun 50% na factura da luz mediante investimentos superiores aos dous millóns de euros, a ter que utilizar máis de 87.000 euros do Remanente de Tesouraría para pagar gasto por subministración enerxética non orzamentado”.

Os populares lembran que “desde hai anos o Goberno Socialista de Ames está inmerso en diferentes proxectos para conseguir ser eficientemente no 100% do seu territorio e conseguir un considerable aforro na factura da luz”. Poñen como exemplo o cambio das luminarias convencionais por outras LED no rural, destinado a aforrar máis de 135.000 euros anuais. Lebran tamén o proxecto de mellora da eficiencia enerxética da iluminación do Milladoiro ou o de aforro nos edificios públicos de Ames, que supoñen 18 edificios repartidos entre o Milladoiro e Bertamiráns, cun gasto eléctrico anual que rolda os 95.000 euros.

“É evidente, por tanto, que o Goberno local fiou principalmente a consecución do obxectivo da redución da factura da substitución das luminarias”, argumentan. Unha aposta que, para o PP local, “está demostrando non ser tan efectiva como se publicitou unha e outra vez”. Sinalan que as previsións de 2021, que reducían o gasto de 2020, non se cumpriron e cifran o sobrecusto da factura eléctrica este ano un 12% por riba do orzamentado inicialmente.

Ademais, os populares vaticinan que ante “a falta de previsión do goberno” e a escalada no custo da electricidade, en 2022 a factura eléctrica á que terá que facer fronte o Goberno Local será considerablemente máis avultada, polo que o Goberno Socialista terá que dedicar unha partida maior nos orzamentos do 2022″. “Algo que podería evitarse se o Goberno Local tivese feito ben os deberes”, acusan.

O PP contrapón esta situación coa actuación da Xunta de Galicia que “ano tras ano” pecha “contratos blindados pola súa subministración eléctrica, protexéndose do sobrecusto da luz e aforrando na factura da luz”. Reclaman que o Concello licite o contrato de subministración eléctrica. Lembran que xa en 2019 o Concello de Ames se adherira á contratación centralizada da FEMP. “Desde esa época, segundo informe de alcaldía de 12 de agosto de 2021, está a traballarse en identificar as subministracións aos efectos de formalizar os contratos correspondentes”, sinalan.








A falta de previsión do goberno ten maiores consecuencias. A escalada do custo de
a electricidade fai prever que no próximo exercicio 2022, a factura eléctrica á que terá
que facer fronte o Goberno Local será considerablemente máis avultada, polo que o
Goberno Socialista terá que dedicar unha partida maior nos orzamentos do 2022. Algo
que podería evitarse se o Goberno Local houbese feito ben os deberes.
Mentres que, ano tras ano, a Xunta de Galicia pecha contratos blindados por a súa subministración
eléctrica, protexéndose do sobrecusto da luz e aforrando na factura da luz; en Ames,
ano tras anos, o Goberno Local leva malgastando na factura da luz. Anos tras anos, a
Intervención Municipal leva advertindo ao Goberno Local da necesidade de licitar o contrato
de subministración eléctrica; e ano tras ano o Goberno Local leva mirando para outro lado. No
2019 o *Concello de Ames adheriuse á contratación centralizada da FEMP; e desde esa época,
segundo informe de alcaldía de 12 de agosto de 2021, está a traballarse en identificar as
subministracións aos efectos de formalizar os contratos correspondentes.