O PP lamenta o atraso no saneamento en Caroubáns

32

O Partido Popular de Ames denunciou hoxe que non se teña licitado aínda a rede de saneamento do lugar de Caroubáns (parroquia de Covas) malia existir un proxecto xa facturado. “Dende hai anos o PP de Ames veu denunciando a carencia deste servizo”, aseguran os populares, mentres recriminan que o Goberno local “dea largas” aos veciños.

Dende o PP recordan que os habitantes do lugar levan anos reclamando unha rede pública de saneamento de augas residuais domésticas. Esta competencia é municipal e de carácter obrigatorio, lembran, denunciando que “o Goberno local encabezado polos socialistas gozou de numerosas ocasións para abordar esta obra”.