O San Xoán volve con forza a Ames con 300 cacharelas

182

O primeiro San Xoán relativamente normal dende 2019 contará con 271 cacharelas en Ames. Ese é o número de permisos concedidos polo Concello, dos cales 249 son para cacharelas privadas e 22 para cacharelas en espazos públicos.

Arredor desta fogueira, e na noite máis longa do ano, volverá a maxia e a veciñanza compartirá as clásicas sardiñas. Os máis valentes, malia a falta de adestramento, saltarán por riba das brasas.

O Concello lembra que a separación das cacharelas respecto a edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano ten que ser de 12 metros como mínimo, agás na zona urbana. Ademais, a persoa responsable debe vixiar a cacharela ata que o lume se extinga por completo. O Concello publicou un bando coas normas para realizar cacharelas no San Xoán. Recomendan ter a man os seguintes números de teléfono: Policía Local 619 767 575, Protección Civil de Ames 673 178 888 e Emerxencias 112.