O veciño do Milladoiro Anxo Gómez Piñeiro participará na Competición Internacional de Violín en Eslovaquia

719

O veciño do Milladoiro Anxo Gómez Piñeiro é un virtuoso do violín que logo de anos tocando este instrumento vén de ser seleccionado para participar na Competición Internacional de Violín de Bratislava, en Eslovaquia. O evento terá lugar do 8 ao 14 de setembro.

Este rapaz veciño de Ames ten colaborado en varios actos benéficos e concurso anteriormente. O alcalde, Blas García, amosou a súa satisfacción e sinalou que “é un un orgullo que Anxo nos represente a todos e todas as amesás, e a toda España nese prestixioso certame para xóvenes promesas”. Desexoulle “moita sorte” e desfrutar do momento, ademais de parabenizar á familia e amizades deste novo músico.