Este venres 12 de setembro, os comercios de Bertamiráns, adheridos a XEA, poderán sacar á rúa a mercancía que teñan en liquidación ou desconto. Poderase atopar unha ampla variedade de produtos, como roupa, zapatos, libros ou artesanía, entre outros. A iniciativa realizarase por tódalas rúas de Bertamiráns. Deste xeito, búscase incentivar a compra no comercio de proximidade, ademais de dinamizar e animar a vida nas rúas de Ames.
Por outra banda, realizarase un sorteo presencial dun vale de 500 euros para gastar nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames. Para participar no sorteo, hai que realizar unha compra, sen importe mínimo e nos comercios da asociación, durante a xornada de “Stock Fóra”. O sorteo terá lugar ás 20.45 horas na rúa do Ameneiral.
Ademais, xa pola tarde, haberá unha programación que traerá animación e troula ás rúas da localidade. Por un lado, contarase con dúas actuacións do mago Charly na Avenida da Maía, unha que terá lugar ás 17.00 horas á altura da tenda de decoración Koti, e outra ás 18.30 horas a carón do salón de peiteado Imperfect. De seguido, xa ás 20.30 horas, a música virá da man da discomóbil Animus na rúa do Ameneiral e tamén haberá un fotomatón.












