Próximas obras nas rúas Fragua e Xunqueira

0
87

A Xunta de Goberno local aprobou recentemente o contrato de obras das rúas Fragua e Xunqueira por unha cantidade total de aproximadamente 73.000 euros. As obras executaranse sobre unha superficie de 1975 metros cadrados e inclúen a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop.

Para o concelleiro de Obras e Servizos, Blas García, esta é “unha actuación importante que mellorará notablemente unha das zonas máis transitadas de Bertamiráns, que ademais forma parte dunha programación de actuacións que van enlazadas entre si, como son a apertura do vial da Travesía da Agra que desemboca na rúa Fontaldeiro, así como futuro arranxo do acceso de Cantalarrana ao límite co concello de Brión”.

O concelleiro engade que “cando esta serie de obras rematen a zona que conforma Cantalarrana e o entorno das rúas Fragua e Xunqueira cambiará de maneira importante, e mellorará o acceso tanto de vehículos como de persoas ao crear unha nova mazá”.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here