Obradoiro sobre seguridade dixital básica en Ames

169

A Oficina de voluntariado informático de software libre de Ames e mais o Banco de reciclaxe electrónica organizan un novo obradoiro dentro do ciclo que arrincou o pasado mes de xullo. Será este sábado, 1 de outubro, e centrarase na seguridade dixital básica. Estudaranse conceptos básicos para optimizar o uso de ordenadores e smartphones. A inscrición pode facerse online. A actividade desenvolverase no edifico do antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8.

Esta serie de obradoiros busca impartir actividades de divulgación das novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos, explican dende o Concello.