“As únicas decisións que se toman teñen que ver con facilitar a gobernabilidade do tripartito”
Nada en 1973 e natural de Milladoiro. Estudou Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela e exerce como asesora fiscal no Milladoiro dende fai 14 anos. Casada, con dúas fillas e foi membro activo da ANPA da Escola Infantil Municipal A Madalena; esta é Oliva Agra a nova portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Ames.
Afiliada dende o ano 1991 ao partido, Oliva é a actual presidenta da Xunta Xestora do PP de Ames e o 9 de xaneiro deste ano, asume a portavocía do grupo municipal pola marcha de Alberto Piñeiro. As súas primeiras declaracións deixaba claro cal é a principal meta “o Grupo Popular seguirá traballando a reo con seriedade dende a oposición para recuperar a alcaldía no ano 2019″. Agra asume un novo reto no que tentará recuperar o apoio dos veciños e veciñas de Ames e lograr o status no que o Partido Popular tivo durante moito tempo neste concello.
– Asume a portavocía do grupo municipal do Partido Popular trala renuncia de Alberto Piñeiro por motivos laborais. Como afronta este novo desafío? Cre vostede que o seu predecesor deixou o listón alto?
Asumo está nova estapa con moita ilusión, sobre todo, porque para min Ames o é todo. Eu nacín aquí, vivo aquí e traballo aquí. Se aínda por encima teño a oportunidade de facercousas polos veciños de Ames, non poido pedir máis.
Con respecto ao meu compañeiro Alberto Piñeiro,non é que deixarao listón alto,senón que como Alberto non haberá outro. Ames perdeu un gran político.
– Despois das eleccións do 2014, o grupo municipal do Partido Popular causou varias baixas: Santiago Amor, Ana Ruso, a renuncia de Alfredo Taboada antes de entrar e a última de Alberto Piñeiro. Está o Partido Popular de Ames en crise? Ten a estabilidade interna necesaria para liderar un proxecto de oposición e chegado o momento, de goberno?
O Partido Popular non está en crise, todo o contrario. Podo decir que ten máis forza que nunca. A xente que marchou o fixo por circunstancias persoais de cada quen. Todas moi respetables. Neste momento temos creada unha xestora que está traballando arreo e, sobre todo, con moita ilusión.
Por outra banda, tamén están as Novas Xeracions do Partido Popular de Ames, nas que, cada día que pasa, hai máis xente con gañas de aportar. Teño moi claro que a opinión dos mozos, no municipio cunha das maiores taxas demográficas de Galicia, é un alicerce fundamental.
– Ten o Partido Popular unha posible cabeza de lista para as videiras eleccións? Será vostede a candidata do partido nas locais do 2019?
O Partido Popular de Ames ten neste momento unha xestora que é a que está traballando con moitas gañas e ilusión no día a día do partido. Calquera dos seus membros poderían ser perfectamente un cabeza de lista, pero é algo que neste momento non nós preocupa.
Agora o fundamental é baixar a rúa, estar coa xente, escoitar o que queren e esperan de nós para poder preparanos da mellor maneira.
No que ten que ver conmigo, estarei, igual cos meus compañeiros, onde o partido considera que é mellor. No se trata tanto dunha persoa e si dun equipo. Temos claro que as eleccións municipais a gañan os equipos, e o Partido Popular de Ames terá o mellor de todos.
Só así conseguiremos os votos dos que nos votaron sempre, dos que nos votan últimamente e dos que non nos votan e queremos que o fagan.
– Falando un pouco do concello, como valoraría a xestión de estes case dous anos do tripartito en Ames? Pensa vostede que se están a facer as cousas mal?
Realmente non creo que se estén facendo as cousas nin mal, nin ben. Simplemente non se está a facer nada, Ames atópase paralizado. Este gobernó dedícase a vender cortinas de fume, e como xa lles dixen moitas veces, os veciños de Ames ven as cousas, non son parvos.
Levamos case a metade do mandato e o goberno actual vive de rendas, das cousas que deixou programadas e feitas o anterior goberno do Partido Popular.
– O alcalde, Jose Miñones, cando gobernaba o PP encabezado por Santiago Amor, sempre reiterou a parálise que vivía o concello de Ames con cinco concelleiros. Cre realmente que houbo esa parálise como di Miñones?
O último goberno do PSOE en Ames deixou, despois de oito anos no Concello, una débeda de dous millóns de euros. Nós, cos nosos acertos e cos nosos errores e, sobre todo, co esforzo dos veciños e veciñas, deixamos un saldo positivo nas contas de tres millóns de euros.
– E agora centrándonos no actual goberno de Ames, pensa vostede que hai unha parálise a nivel institucional?
Sen dúbida. Chega con ver como se atopa o Concello a nivel de inversións. As únicas decisións que se toman teñen que ver con facilitar a gobernabilidade do tripartito. É moi triste que o goberno local antepoña os seus intereses partidistas ás necesidades dos veciños.
– En moitas das súas notas de prensa acusan a Miñones da súa deixadez das súas funcións como alcalde. Cales son as consecuencias que observan da desidia do alcalde?
O alcalde non está a cumprir co programa político co que concorreu ás eleccións no ano 2015. Limítase a venderse ás esixencias da esquerda radical coa que goberna. Temos un alcalde que é refén do seu pacto político, e o peor de todo é que está facendo pagar esta peaxe a todos os veciños.
– Cal é a mensaxe que quere trasladar o Partido Popular aos veciñas e veciños de Ames?
A xente ten que saber que o Partido Popular de Ames é a única opción seria, independente, rigorosa, con experiencia na xestión e capacitada para guiar o futuro de Ames. Nas últimas eleccións municipais fomos o partido máis votado, agora temos que traballar para ter a maioría suficiente para poder gobernar.
– Fai poucos días aprobáronse os orzamentos do 2017, despois de cinco anos sen eles grazas ao acordo entre o Goberno e Ames Novo. Cales son as valoracións que fan destes orzamentos?
Son unsorzamentos “antidemocráticos”. O goberno local non quixo contar con gran parte da corporación para a elaboración das contas. Estamos ante uns orzamentos sectarios, que discriminan, sobre todo, ós veciños do rural e a determinadas entidades e colectivos, que perxudican a unha gran maioria dos veciños de Ames.
Uns orzamentos con moi pouca inversión e moito gasto, pensados máis para subsidiar que para potenciar e impulsaro crecemento social e económico de Ames.
En concreto: son os orzamentos da resignación e non os orzamentos do futuro, que debería servir para converter a Ames nun municipio puxante.
– Cre que nestes orzamentos o Goberno esta tentando de conseguir o voto das familias coas subvencións ao deporte que son moito maiores que as que reciben o comercio no seu conxunto?
O goberno tripartito non lle interesa apoiar os sectores que xeren riqueza e emprego. Para eles é máis importante subsidiar e xerar redes clientelares. Cando o tripartito reparte cartos faino coa intención de obter votos para fins electorais e non por convicción. De todos modos, está por ver como se materializan as subvencións ó deporte.
– A concelleira Genma Otero, na entrevista que concedeu a esta revista, dixo que enviou unha mensaxe a tódolos grupos para que puxeran enriba da mesa as achegas para incluílas no borrador orzamentos. É verdade as declaracións da concelleira? Houbo tal mensaxe?
É certo que a concelleira lanzou esa mensaxe para que mandáramos as nosas propostas, e así o fixemos .
Pero a realidade é que calquera das propostas, polo menos as feitas polo Partido Popular, entre as que se atopaba un maior investimento para o rural, non se tiveron en conta.
Nin sequera foron debatidas. Quixeron quedar con nós para debatir as propostas para cando xa tiñan pactado os orzamentos pactadosco grupo Ames Novo.
Pero de todo isto, o que máis me sorprende, é que, o día do Pleno Extraordinario dos orzamentos, a concelleira dixo públicamente que nunca chegaría a un acordo cos grupos da oposición. Entre eles o Partido Popular, o cal, é actualmente, a principal forza política en Ames.
– A RTP foi actualizada e aprobada despois de levar case dez anos nunha parálise. O Partido Popular foi un dos que votou en contra no pleno. Cal foi a razón desa votación en contra? Pensa que se podería mellorar a RTP ou facer outro tipo de modificación?
A principal razón do noso voto en contra é que, por moito que eles quixeron vender que os traballadoresían a sair beneficiados, iso é mentira. Nas mesas de negociación un 30% de eles non estaban a favor de esta RPT.
Por suposto, creo que se podería mellorar a RPT, o primero que debería facer o goberno local é buscar un acordo cos traballadores.
– Debería rectificar o actual Goberno algunha das súas xestións que pensa vostede que non fixo ben aos veciños?
Principalmente o non investimento no rural. Rural que este gobernó de esquerdaten esquecido. Parece que para eles o rural de Ames só existe cando hai que ir a sacarse algunha foto do final dalgunha obra feita polo goberno do Partido Popular.
– Respecto ao Partido Popular, pensa vostede que debería rectificar nalgún asunto que vaia aparexado as funcións de oposición?
Cremos que quen ten que decidir o que temos que rectificar da nosa labor da oposición son os veciños de Ames. Nos exercemos a oposición sempre con lealdade e honestidade cara os veciños, cos que intentamos estar en contacto permanente. A nosa oposición é froito dun proceso pensado e reflexionado,no que o interese xeral da xente é a pedra angular.
– E se faláramos do anterior Goberno, cre vostede que se fixo algo mal e por iso agora vostedes están na oposición?
Eu non son nadie para xulgar o anterior goberno. Supoño que se fixeron cousas mal, pero tamén moitas cousas boas. Quen ten que xulgar os feitos é a veciñanza de Ames. Eles pediron un cambio, e nos temos que respectalo. Si antes o Partido Popular traballaba dende o goberno, agora tócanos traballar dende a oposición e conseguir que Ames siga sendo un gran Concello.
– De todos os membros do Goberno cal levaría a peor nota de suspenso? E o aprobado?
Quero pensar que todos eles traballan e fan as cousas o mellor que saben ou que poden. Non son eu a que lle ten que por a nota. Para iso están os veciños que, cada catro anos, evalúan a xestión nas urnas. Iso si, teño claro que hai moitas cousas que se poden mellorar.
Esta entrevista pode encontrarse no número de Abril 2017 da Revista AMSGO!