Olympus e as gañadoras do Canta con Ames poñen remate este domingo ao Ames On

120

O domingo 3 de setembro celebrarase o último concerto do programa AmesOn, que correrá a cargo da orquestra Olympus. Será ás 19:00 horas, no aparcadoiro do Supercor, no Milladoiro. Abrirán a actuación os gañadores da terceira edición do concurso de karaoke Canta con Ames, María Caamaño, na categoría sénior; Antía Boo, en xuvenil e Antia Holovat, en infantil.