Operación Principito. Detida unha persoa e investigada a súa parella en Bertamiráns por presunta venta de drogas

1510

A Garda Civil do Posto Principal do Milladoiro, en colaboración coa Policía Local de Ames, detiveron a un veciño de Bertamiráns e investigaron á súa parella como presuntos autores dun delicto contra a saúde pública.

A Operación Principito, como se denominou este operativo, comezou en abril e foi dirixida polo xulgado número 2 de Santiago. O constante ir e vir de xente ao domicilio do detido levou a constatar que se trataba de consumidores de sustancias da comarca e concellos limítrofes.

Tras o rexistro domiciliario, a Garda Civil aprendeu unha báscula de precisión, dúas navallas, catro teléfonos, sustancias como cocaína, haxix e marihuana así como 68.000 euros, que supostamente procedían das ventas que se facían no domicilio e que estaban gardados nunha caixa forte.

A Garda Civil puxo estos efectos a disposición do xulgado número 2 de Compostela.