Esta actividade enmárcase dentro da XVIII semana sen fume que se desenvolve do 25 ata o 31 de maio e que remata coa conmemoración do Día mundial sen tabaco
O Concello de Ames organizou para este domingo, 28 de maio, unha andaina polo rego da Andoriña. Percorreranse cinco quilómetros andando polas beiras do río Tambre e do rego do Andoriña. Faranse tres paradas, unha nun tramo a beira do devandito rego, outra nun souto situado no lugar de Rúa, e un terceiro na capela do priorado de San Mamede. Trátase dunha andaina aberta a todos os públicos que é circular, polo que arranca e remata na praia fluvial de Tapia.
Baixo o lema Menos cajetilla e máis zapatilla, o Concello de Ames organizou para este domingo, 28 de maio, unha ruta polo rego da Andoriña. Esta actividade enmárcase dentro da XVIII semana sen fume que se desenvolve do 25 ata o 31 de maio e que remata coa conmemoración do Día mundial sen tabaco. Neste caso percorreranse cinco quilómetros andando polas beiras do río Tambre e do rego do Andoriña. Faranse tres paradas, unha nun tramo a beira do devandito rego, outra nun souto situado no lugar de Rúa, e un terceiro na capela do priorado de San Mamede.