Ortoño celebra as súas festas de San Xoán esta fin de semana

209

Dende este venres, día 23 de xuño, ata o vindeiro luns 26, a parroquia de Ortoño celebra a festividade do seu patrón, San Xoán. As celebracións arrincarán cunha sardiñada e cunha gran queimada, e ao longo dos días sucederanse distintas misas e procesións, así como sesións vermú e verbenas. As festas contan coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Ames, e algunhas das actuacións encádranse dentro do programa “Música nas parroquias”, organizado polo departamento de Cultura.