Os actos do 8M inclúen a carreira feminista “Moitos camiños, mesma meta”

74

Este ano celébrase a cuarta edición da carreira “Moitos camiños, mesma meta”, que tivo unha gran acollida en anos anteriores e contou cunha gran participación. Trátase dunha proba deportiva na que  os participantes deberán enfrontarse a nove obstáculos ao longo de 600 metros, que se poden recorrer correndo ou andando, e con ou sen axuda de compañeiros/as. Non se trata dunha cita competitiva, senón dunha proba que busca reivindicar as dificultades ás que se enfrontan todas as mulleres no seu día a día. Cada atranco simbolizará un reto distinto.

O recorrido poderase realizar de maneira individual ou con compañía. Ademais, búscase fomentar a participación do público familiar e propiciar o debate social sobre aspectos como a conciliación ou a corresponsabilidade. Por este motivo, esta carreira está pensada para tódalas persoas maiores de 5 anos. No caso dos menores, deberán acudir acompañados dun adulto. 

Este ano a carreira farase na contorna do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a partir das das 17:30 horas. A recollida de dorsais farase a partir das 16:00 horas o mesmo día da carreira. Ao final da proba entregarase un agasallo a cada participante.A inscrición, de balde, pode realizarse en liña premendo nesta ligazón.