Nos talleres, o alumnado ve cinema de autores moi diversos e desenvolven diversas prácticas que culminan coa realización dunha curtametraxe documental ou de ficción
Este luns 19 de xuño, ás 18:30, na Casa da Cultura do Milladoiro presentarase o primeiro documental feito polos alumnos de 1º ESO do IES do Milladoiro dentro do programa Cinema en curso. De Milladoiro a Seidón é o título da reportaxe que estos alumnos do ensino secundario estiveron rodando ao longo do curso.
O programa Cinema en curso é un programa estrutural de pedagoxía do cinema en centros de primaria e de secundaria. Iniciado en 2005 en Cataluña, actualmente tamén se desenvolve en Galicia, Madrid, Arxentina, Chile e Alemaña.
Un dos principais eixes de Cinema en curso son os talleres, que se desenvolven con alumnado de entre 8 e 18 anos ao longo de todo un curso, dentro do horario lectivo. Son impartidos conxuntamente por un equipo de docentes e un cineasta. Nos talleres, o alumnado ve cinema de autores moi diversos e desenvolven diversas prácticas que culminan coa realización dunha curtametraxe documental ou de ficción.