Os casos activos de COVID-19 caen por baixo do medio centenar en Ames

309

Ames rexistra a día de hoxe 48 casos activos de COVID-19, segundo o Concello, que se fai eco dos datos da Consellería de Sanidade. Son 65 menos que o pasado día 11, e 19 menos que o luns. O número de casos continúa baixando, pero aínda así lembran dende o Concello que “hai que seguir respectando as restricións que están en vigor”.

A incidencia sitúase entre os 50 e os 150 casos por cada 100.000 habitantes.