Os Equipos @ da garda Civil, premio á mellor iniciativa TIC da Administración Pública

226

Os equipos Arrob@ da Garda Civil, unidades operativas especializadas en ciberdelincuencia, veñen de recibir o premio 2022 á mellor iniciativa TIC da Administración Pública en Galicia, outorgado polo Colexio Oficial de Enxeñería en Informática de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. Neste senso, as unidades recibiron o galardón está mañá no posto principal da Garda Civil no Milladoiro, onde está unha das seis sedes coas que conta o equipo en Galicia. O alcalde de Ames, Blas García, acompañou na entrega do premio ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, á subdelegada do Goberno na Coruña e ao presidente do Colexio Oficial de Enxeñería.