Os Esfola Arrós volveron á competición na Copa Galicia de XCO

0
42

A Cañiza acolleu a primeira proba da Copa Galicia Cross Country logo de ano e medio sen competicións.O club amesán Os Esfola Arrós participou con tres ciclistas nunha proba onde se viu a vontade acumulada de competición tras o parón forzoso.

O primeiro en competir foi Manuel Alonso, natural de Brión, que vén de incorporarse aos Esfola Arrós esta temporada. Manuel Alonso é cadete e esta foi a súa primeira competición. Antes de comezar tiña bastantes nervios pero fixo unha boa saída situándose entre os 25 mellores participantes. No tramo final da proba foise regulando para acabar na posición vixésimo terceira.

O segundo ciclista dos Esfola Arrós en participar foi Francisco Lueiro. Trala saída conseguiu situarse na metade do pelotón de máster 40, unha categoría cunha gran cantidade e calidade de inscritos. Ao seu ritmo, sen desesperarse e desfrutando tanto cara arriba como cara abaixo, acabou a proba nunha meritoria 38 praza final.

O terceiro e último en tomar a saída foi Nacho Casal, que debutou en Cross Country, tomando a saída na categoría sub23, conxuntamente coa categoría elite. Realizou unha moi boa saída situándose entre os mellores 15 ciclistas da carreira, pero unha picada na roda dianteira, que por distracción non cambiou ata a terceira volta do circuíto, fixo que perdera moitos postos na clasificación xeral. Tras este incidente remontou e logrou rematar a proba na oitava posición en categoría sub 23.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here