Os marcadores dos pavillóns deportivos de Ames modernízanse

122

Xa rematou a instalación dos dous novos marcadores multideporte sobre as paredes dos pavillóns do Milladoiro e de Bertamiráns, segundo anunciou hoxe a Concellería de Deportes. Esta mellora custou arredor de 9.000 euros e os novos marcadores contan con funcións para baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol ou hóckey, entre outros.

Esta actuación enmárcase dentro do plan municipal de mellora das instalacións deportivas municipais, a través da cal o Concello quere mellorar progresivamente as instalacións que usan os clubs deportivos e as escolas deportivas municipais. Nos últimos anos leváronse a cabo actuacións como a instalación de tarima flotante e a apetura de locais anexos, ademais de mellorar os vestiarios en Bertamiráns.

Nos últimos tempos, ademais, construíuse unha pista de pump track no Pedregal e adxudicouse a reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns e a construción dos do Milladoiro.