Os nenos e nenas da Madalena visitaron o centro ecuestre La Croupe

As nenas e nenos da EIM A Madalena realizou unha visita ao centro ecuestre La Croupe, situado na aldea amesá de Pegariños.

666

Durante a visita, que se realiza anualmente, o alumnado gozou penteando, acariñando e montando aos ponis

Anualmente, o alumando da EIM A Madalena, do Milladoiro, visita o centro ecuestre La Croupe. Alí, nenas e nenos poden estar en contacto directo con ponis, alén doutros animais, acariñándoos e montándoos. Esta acostuma ser unha das saídas preferidas do alumando da escola.

As nenas e nenos da Escola Infantil Municipal A Madalena visitaron o centro ecuestre La Croupe, que está situado na aldea amesá de Pegariños. Durante a visita, que se realiza anualmente, o alumnado gozou penteando, acariñando e montando aos ponis. Asemade, tamén puideron coñecer a outra residente de La Croupe: unha tartaruga de case 50 anos.