Os Populares poñen en entredito a licitación do MillarocK

174
dav

El PP de Ames tacha de “ cambalache” do Goberno Socialista de Ames: a licitación “á carta”, mediante procedemento aberto e simplificado, do Contrato para a produción, organización e comunicación do X Festival Millarock.

Segundo os de Argibay, nos pregos da licitación recóllense, “sen xustificación algunha”, referencias a marcas e modelos concretos, contravindo a Lei de contratos do Sector Público e o establecido polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais.

Todo este “bochorno” evitaríase segundo os populares se o Goberno Local houbese utilizado, en lugar do procedemento aberto simplificado, o procedemento máis apropiado, segundo eles, para contratar este tipo de servizos: o procedemento negociado sen publicidade por razóns artísticas.

O Festival Millarock 2020, celebrarase o próximo 19 de setembro, no aparcamento da Travesía do Porto de Milladoiro, á beira da Casa de Cultura, en horario de 20.45 a 02:00 horas.