Os Premios Lingua e Empresa entréganse este sábado no Milladoiro

235

Un ano máis, os Premios Lingua e Empresa que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello promoven o uso do galego no tecido empresarial amesán. A participación nesta edición triplicouse respecto a outras convocatorias.

A Gala Lingua e Empresa celébrase o vindeiro sábado, 17 de decembro, dende as 19h na Casa de Cultura do Milladoiro. Alá daranse coñecer as dúas empresas gañadoras do certame, que acadou xa cinco edicións. Os premios consisten en 1.500 € e unha campaña publicitaria na emisora municipal Ames Radio.