A EIM A Madalena tamén tivo a súa pequena cacharela, para que as nenas e os nenos puidesen botar o meigallo fóra
As nenas e nenos da EIM A Madalena viviron dobremente o San Xoán, xa que tamén o celebraron na escola. Así, para coñecelo un pouco mellor, os alumnos viron fotos de cacharelas e sardiñadas, cantaron cancións vinculadas a esta festividade, lavaron a cara coas herbas de San Xoán e incluso saltaron unha pequena fogueira. Tamén escoitaron a canción de Pablo Díaz “No San Xoán a sardiña molla o pan”.
Alén diso, a EIM A Madalena tamén tivo a súa pequena cacharela, para que as nenas e os nenos puidesen botar o meigallo fóra. Asemade, tamén realizaron outra das actividades típicas desta data, como é lavar a cara coas herbas de San Xoán.