Os socialistas reúnense esta tarde para abordar a marcha de José Miñones

0
82

A executiva local do PSdG-PSOE de Ames ten previsto reunirse esta tarde e polo tanto previsiblemente abordar o nomeamento do alcalde, José  Miñones, como delegado do Goberno en Galicia. Probablemente tamén se trate a consecuencia inmediata deste feito, como é a súa sucesión na alcaldía. 

José Miñones renunciou onte como alcalde de Ames para afrontar unha nova etapa “con gañas e ilusión”, segundo declarou, agradecendo a confianza depositada nel polo presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez. Puxo tamén en valor o labor do seu predecesor, Javier Losada, na delegación galega do Goberno. 

O ata o de agora alcalde tamén quixo agradecer “a todas as persoas que me acompañaron nos anos que exercín de alcalde do meu pobo, Ames, aos membros das diferentes Corporacións municipais, así como as persoas coas que compartín Goberno e a totalidade do persoal municipal, xa que, conxuntamente todas e todos fomos quen de traballar polo ben do noso Concello”. “Sen dúbida é unha honra para mín ter exercido este cargo e é por iso dou as gracias á veciñanza amesá por trasladarme sempre o seu apoio e comprensión”, sinalou, asegurando que “como amesán que son, sempre levarei a Ames na miña cabeza e corazón”.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here