Os traballadores de Ames denuncian ao concello

608

Na nova demanda presentada en maio, reclámanlle ao concello 20.000 euros

O Concello segue sumando denuncias. Esta vez, a última sentenza declara nula a modificación das condicións de traballo interpostas polo Alcalde a un traballador en virtude da reorganización das tarefas realizadas. Condena ao goberno a reposición do traballador ás condicións anteriores impoñendo unha indemnización de 500 euros polo dano moral causado.

Segundo a PxA, esta manchea de denuncias é causada pola aprobación da RTP que no seu momento Argibay xa advertira; “provocará unha cascada de demandas e conflitos xurídicos que poden ter consecuencias onerosas para o concello”.

Na nova demanda presentada en maio, reclámanlle ao concello outros 20.000 euros, que sumados aos 50.500 euros das catro anteriores demandas, sumarían un total de 70.500 euros no caso de que prosperaran. Unha factura que pode aumentar en espera das diversas denuncias que poidan aparecer nos próximos meses.

Os de Argibay rematan dicindo que esta RTP foi excluida polo 30% dos traballadores xa que o CSIF votara en contra desta norma e CC.OO. abstivérase.