Painting for others volve pintar unha vivenda en Ames de xeito solidario

A Oficina de Voluntariado de Ames sumouse en 2022 ao proxecto solidario “Painting for Others”, nado hai máis de 20 anos na cidade de Sevilla e que promove a ONG Cooperación Internacional. Ter unha vivenda digna é un dereito e afecta de xeito moi importante á calidade de vida das persoas. Con este fin púxose en marcha esta iniciativa, que busca rehabilitar os fogares de persoas con menos recursos co traballo e a implicación de mozos/as voluntarios e voluntarias.

31 de xullo 15 mozos e mozas, que están de visita en Santiago de Compostela, comezaron a pintar unha vivenda no Milladoiro, que foi seleccionada polos servizos sociais do Concello de Ames. Os traballos realizaranos durante tres días, ata o mércores 2 de agosto. Está previsto pintar tres vivendas máis nesta edición de “Pintando para os demais”. Trátase de dignificar vivendas de persoas do noso concello con baixos recursos.

O coordinador da Oficina de Voluntariado de Ames, Rubén Ramos, explica “estamos encantados de que unha iniciativa solidaria tan potente e tan enriquecedora para todas as partes se poida facer en Ames e se asente como programa importante dentro da nosa acción voluntaria”.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, dí que se trata é unha experiencia moi enriquecedora para os 15 mozos e mozas que participan nesta iniciativa, xa que son conscientes e sensibilízanse coas dificultades que atravesan moitas familias”. Ademais, agradece “a colaboración da organización Cooperación Internacional por desenvolver en Ames o programa Painting for Others”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *